martes, 5 de septiembre de 2023

Axudas do Concello para a adquisición de libros e material escolar para E. Infantil. Curso 2023-2024.


AXUDAS DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR

DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO 2023/2024

Prazo de presentación

Finalizará o 30 de setembro de 2023.

Contía da axuda

100 euros para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)

Destinatarios

As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes requisitos:

a)Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.

b)Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2023.

c)Non superar os 8.500,00 € de renda per cápita anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%)

Documentación a presentar

a)Anexo I de solicitude

b)Anexos II e III.

c)DNI/NIE/PASAPORTE (en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia

d)Certificado do centro educativo no que estea/n matriculad@/s @/s nen@/s.

e)Fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2022, de cada un dos membros computables da unidade de convivencia. En caso de non estar obrigado a presentala, deberá achegar certificado negativo de facenda, certificado de imputacións de renda e xustificantes dos ingresos obtidos no ano 2022 (certificado empresa, certificado do SEPE, xustificante de pensión…)

f)No caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio regulador. En situacións de impago das achegas establecidas, copia da solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante de inicio das actuacións.

g)Documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude referentes ao artigo 4.

h)Pódese presentar xa neste intre a documentación acreditativa da xustificación da subvención (factura orixinal) co fin de axilizar a tramitación do expediente.

i)Certificado de conta bancaria.

Xustificación e pagamento

O prazo de xustificación da axuda rematará o día 30 de outubro de 2023.

Procederase ao pago da axuda unha vez que os beneficiarios xustifiquen debidamente o importe da subvención concedida mediante:

-Factura orixinal ou copia cotexada do gasto realizado.

-Declaración responsable de todas as axudas, solicitadas ou non, e concedidas ou non, para a mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas.

No Pereiro de Aguiar, na data da sinatura electrónica.

O alcalde, Luís Menor Pérez

Concello do Pereiro de Aguiar

Plza. do Concello, 1, O Pereiro de Aguiar. 32710 (Ourense). Tfno. 988259385. Fax: 988259395

No hay comentarios:

Publicar un comentario