Bo día familias¡¡¡
Iniciamos o segundo trimestre do curso e aínda que pasamos moito tempo na Chaira xogando ao aire libre por precaución dada a situación sanitaria, tamén facemos algunha cousiña na Aula.
Aquí tedes unha pequena mostra...
Os máis maiores empezaron o cole cambiando a súa ubicación do pavillón ao salón de actos. E ao quentiño xogaron a varias cousas.....
Os pekes na Aula tamén xogan un montón tanto pola mañá como pola tarde...
e amosaron a súa destreza coa papiroflexia, facendo un koala ben simpático 😃
Pola tarde, aproveitando o solciño, estiveron pintando as súas siluetas con xiz e moitos debuxos máis. Como lles gusta pintar no patio¡¡¡
E aínda que é un pouco pronto....estamos comenzando a facer cousiñas para o Entroido, pero polo de agora imos manter o segredo....
E con esto damos por finalizada esta semana.
Descansade moito a finde e coidádevos moito¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario