viernes, 11 de febrero de 2022

semanas do 31 ó 11 de febreiro

 Boa tarde familias,  xa podedes ver todas as cousiñas que fixemos na Aula Concilia. Como veredes seguimos coa mesma ilusión e forza ca sempre, ainda que as circunstancias estas semanas están sendo moi difíciles. Queremos mandar moito ánimo a todos e todas as piratiñas que teñen que quedar na casa e decirvos que nos vemos pronto. 💕

Podedes pensar que estamos nun torneo galego de xadrez, pero non é así. Xa a primeiriña hora da maña veñen con moitas ganas de retar ós seus compis para gañar a partida. Fixádevos que concentrados están.









Como leva tanto tempo sen chover e fai un solciño moi agradable, polas tardes saímos dar paseos pola Chaira, a explorar o monte e de paso xogar entre as rochas.










Fai unhas semanas ensinámosvos unhas mans que fixeron estes nenos e nenas para o entroido, e hoxe desvelamos o misterio: mirade que paiaso tan simpático para decorar a aula. Dan ganas de ir a casa, disfrazarse e sair a troulear. 








Tamén decoramos a aula con letras, mobiles e antefaces, que dan a benvida o entroido. Xa non queda nada para pasalo ben cos nosos disfraces. 
















Mirade o resultado: XA CHEGA O ENTROIDO. Así que xa sabedes, ide pensando de que vos ides disfrazar, que despois chega o día e levades peluca de paiaso, vestido de Frozen e zapatos de Elfo. 


Como non todo é traballar, xogamos ó bingo, e que emoción, esperando cantar o primeiriño de todos. Que saia o 12, eu quero o 27.... que nervios, que nervios.




Temos un puzzle que leva na Aula dende que comezamos esta andadura, e de vez en cando encántalles facelo. E de paso aprenden, xa que é un mapa de Europa. Que cara de felicidade cando o rematan


E ata aquí as novas da Aula, seguide atentos a próximas publicacións....  boa fin de semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario