Xa estamos no último mes do ano e a piques de rematar a primeira avaliación no cole. E dende a aula pirata estivemos a facer un montón de cousiñas impregnados dun certo ambiente do Nadal.
Así que decidimos mover un pouco o esqueleto xogando ao pano.
Tamén nos puxemos man a obra coa plastilina para xogar aos dentistas. Menudas dentaduras fixeron 😁!!!!
E, como non, tamén xogamos aos clásicos da aula: cos animais, puzzles, debuxar e pintar, coches, etc.
Estes días estamos de estrea. Temos un montón de cousiñas novas. Sen duda, o que máis éxito tivo foi a nova cociña. Fartámonos de preparar todo tipo de comidas 😋
Pero non foi o único xogo que estreamos:
- Tamén temos xogos de mesa novos 😍
- Legos duplo:
- Bloques apilables de animaliños:
Bonecos de Xenxibre e renos
Qué bonitiños quedaron!!! 😍😍😍
E para rematar este blog,non podían faltar as imaxes do Mercadillo Solidario que tivo lugar o Sábado 18 na Praza do Concello.
Estivemos dando pinceladas esta tempada, de cómo os nenos e nenas da aula elaboraban unha morea de cousiñas: Gorros de la, pendentes, carteiras, portaretratos, guirnaldas, pinzas para o cabelo, botes decorados para candeas, etc.
Con todos estes obradoiros, os nenos crearon unha morea de pezas para por a venta neste Mercadillo. Foi todo un éxito👏👏👏👏. Esperamos que sexa o inicio dunha longa tradición de Nadal no Pereiro.
Decorando para poñer as cousiñas que fixeron no posto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario