PONTE DÍA 11 DE OUTUBRO
Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2010 e 2018).
Inscrición: Do 1 de outubro ata o día 7 de outubro, poderase
realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Só deberán presentar
a solicitude aquelas familias que non fagan uso do servizo durante o curso
escolar no CEIP Ben Cho Shei. O resto das familias chegará con avisar na Aula
Concilia para anotar @s nen@s.
Publicación das listas de admitidos: 8 de outubro, no blog da aula
(piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Requisitos imprescindibles:
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade
horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a
estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes
novas)
- Solicitude
cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou
do blog da aula pirata)
- Copia
do DNI do/a solicitante
- Copia
da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o
horario laboral dos dous proxenitores.
- Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de
non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa
da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os
Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social
na que figure como autónomo.
- Declaración
responsable con respecto ao Covid-19.
- No caso
de familias monoparentais: acreditación correspondente.
Debido a actual
situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo
as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario