Boas tardes a tod@s familias!!!!
Unha semana máis imos a ensinarvos todas as actividades que fixemos estos días aínda que como poderedes ver un pouquiño máis abaixo, aproveitamos o sol todo o que poidemos!!!
Non sei si vos destes conta pero é que nos encanta o bo tempo e saír o bosque da Chaira, válenos tanto para ler contos como para xogar e sobretodo para aprender a tratar ben a natureza!!!!
Mirade, mirade o ben que o pasamos!!!
Neste xogo tiñamos que encontrar no noso bosque algo que tivera estas cores!! e non se nos deu nada mal jajaja
Lemos o conto A árbore da escola e aproveitamos para recordarlles o importante que son as árbores e a natureza para todos nós...
Como nos encanta a nova estación do ano que entrou fai uns días, fixemos uns bonecos de outono do máis simpático!!!
Coñecedes a algún ???
E como vos dixemos antes... aproveitamos o bo tempo e fixemos moreas de xogos no exterior!!
Porque aínda que sexamos maiores... si nos poñedes un parque diante non hai quen se resista!!! jajaja
Encesta a pelota e o xogo do pano!!!
Tivemos a visita duns amigos moi especiais... o elefantiño Elmer e o Caracol Viaxeiro!!!!!!
Pintamos moreas de elefantes de cores super bonitas e despois fixemos unhas máscaras dos seus amiguiños para que non se asustara o chegar a aula e ver tantos nen@s jajajaja
Somos leóns, moniños e cebras!!!
E aqui vos presentamos o caracol viaxeiro!!!
Sabiades que a semana pasada puidemos probar unha morea de deportes??? siii siii fomos ás xornadas de portas abertas que houbo no pavillón e pasámolo super ben!!
Ademáis, sempre nos queda un oco para xogar cos coches,cos legos, bailar un just dance...
E sabedes que é un caleidociclo?? pois nós siii e fixemos unhos chulisimos!!!
E con esto despedímonos ata a próxima semana!!!!
Que o pasedes moi ben familias!!!!
Un abrazo virtual!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario