lunes, 27 de septiembre de 2021

COMEZO DE CURSO 21-22


BOAS, FAMILIAS!!!!!! 🌿🍁🍂🍂🍂

    Comeza o curso e nós xa estamos de volta tamén.  Arrancamos cheos de enerxía e con moitas ganas de voltar a ver aos Auleros e Auleras. E tamén tivemos a sorte de coñecer a nenos e nenas que comezan este curso e se estrean neste espazo. Dámoslles a benvida, así como tamén lla damos as súas familias.   

                                Desexámosvos un moi bo curso. 

    E como non podía ser doutra forma, arrancamos cunhas saídas á chaira para gozar do bo tempo. A verdade é que tivemos unhas tardes estupendísimas para uns paseos ao redor da Aula. Aproveitaron o momento para unas partidas ao escondite.




Xa comezaron  as castañas a asomar e os peques non se resistiron a abrir os ourizos. 



    Polas mañás, os peques tiveron momentos de relax, pero tamén houbo momentos de movemento total!!!




    Así mesmo, voltaron con moitas ganas de xogar cos LEGOS. Menudas construccións!  aquí vos mostramos unha espectacular, denominada: "desafiando á gravidade".





    E como non podía ser doutra forma... o outono tamén chegou a Aula. Mirade que mural tan outonal. Dende os maiores ata os máis pequerrechiños aportaron  a súa arte para esta decoración tan  chula.




    Pronto vos mostraremos o resultado final. 🌾🌿🍀🍂🍃🍃🍂🌾🌿🍁🍁🍁


     E para que vexades o ben que cociñan os nosos nenos e nenas da aula, aquí vos deixamos un vídeo cos mellores momentos da cociña Aulera. Menudas pizzas prepararon 😋😋😋😋





    E ata aquí o comezo de curso. En breve contarémosvos mais cousiñas da Aula. 

DEICA LOGO FAMILIAS!!!!! 










































No hay comentarios:

Publicar un comentario