AXUDAS DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE
TEXTO E/OU MATERIAL ESCOLAR
DE EDUCACIÓN INFANTIL
PARA O CURSO 2021/2022
Prazo
de presentación
Finalizará
o 30 de setembro de 2021.
Contía
da axuda
100
euros para os cursos de 4º, 5º e 6º
de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos)
Destinatarios
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que cumpran os seguintes
requisitos:
a) Convivir
con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza
públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.
b) Estar
todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro
de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2021.
c) Non
superar os 8.500,00 € de renda per cápita
anual (Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha
discapacidade igual ou superior ao 33%)
Documentación
a presentar
a) Anexo
I de solicitude
b) Anexos
II e III.
c) DNI/NIE/PASAPORTE
(en vigor) de todos os membros da unidade de convivencia
d) Certificado
do centro educativo no que estea/n matriculad@/s @/s nen@/s.
e) Fotocopia
da declaración do IRPF do exercicio 2020, de cada un dos membros computables da
unidade de convivencia. En caso de non
estar obrigado a presentala, deberá achegar certificado negativo de facenda, certificado
de imputacións de renda e xustificantes dos ingresos obtidos no ano 2020
(certificado empresa, certificado do SEPE, xustificante de pensión…)
f) No
caso de separación ou divorcio legal, copia da sentenza e do convenio
regulador. En situacións de impago das achegas establecidas, copia da
solicitude de execución de sentenza presentada ante o xulgado ou xustificante
de inicio das actuacións.
g) Documentación
acreditativa dos criterios alegados na solicitude referentes ao artigo 4.
h) Pódese
presentar xa neste intre a documentación acreditativa da xustificación da
subvención (factura orixinal) co fin de axilizar a tramitación do expediente.
Xustificación
e pagamento
O prazo de xustificación da
axuda rematará o día 30 de outubro de 2021.
Procederase ao pago da axuda
unha vez que os beneficiarios xustifiquen debidamente o importe da subvención
concedida mediante:
-
Factura orixinal ou copia
cotexada do gasto realizado.
-
Declaración responsable de
todas as axudas, solicitadas ou non, e concedidas ou non, para a mesma
finalidade doutras administracións públicas ou privadas.
No Pereiro de Aguiar, na data da sinatura
electrónica.
O alcalde, Luís Menor Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario