INSCRICIÓN AULA CONCILIA
CURSO ESCOLAR 2021/2022
Continuando coa normativa vixente de aplicación en materia de Covid-19 o
Concello de Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación
(Aula Concilia) do vindeiro curso 2021/22 a partires do 9 de setembro. Poderán
acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e
12 anos, necesitan compatibilizar os seus horarios laborais e familiares.
Inscrición: Do 26 de xullo a partir das 9:00h. ata o día 6 de
agosto ás 24:00h, poderase realizar presencialmente ou a través da sede
electrónica. Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a.
Publicación das listas de admitidos: 27 de agosto, na páxina web do
concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula
(piratasdaauladabaixo.blogspot.com).
Prazo de subsanación de erros: do 28 de agosto ao 31 de agosto
(ambos incluídos).
Publicación das listas definitivas: 4 de setembro.
Requisitos imprescindibles:
- Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade
horaria para o coidado dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a
estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
- Solicitude
cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou
do blog da aula pirata)
- Copia
do DNI do/a solicitante
- Copia
da tarxeta sanitaria do neno/a.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o
horario laboral dos dous proxenitores.
- Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de
non tela presentada (negativo de facenda).
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa
da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
- Os
Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social
na que figure como autónomo.
- Declaración
responsable con respecto ao Covid-19.
- No caso
de familias monoparentais: acreditación correspondente.
Debido a actual
situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo
as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario