Bos días familias!!!
Como estades despois de esta semana sin vernos?? non vos preocupedes que por aquí está todo ben, estamos preparando todo para recibir @s nen@s no verán pero veredes que aínda así fixemos un montón de actividades tanto pola mañá como pola tarde!!!
Comezamos entón??
Fixemos un cadro máxico super chulo mirade mirade!!!
Despois de tanto traballar marchamos merendar a chaira que nos encanta!!! algún dos nen@s dícenos... "podemos ir merendar al campo???" e nós como lle vamos decir que non?? 😂😂 jajaja
Fixemos a orla de fin de curso pero non vaiades crer que é unha orla convencional, porque aquí de convencionales temos ben pouco jajajaja
Entón cada nen@ debuxouse a sí mesmo!! veredes que son unh@s artistas 👌👌 e o resultado foi chulisimoooo!
E coma sempre ademáis de manualidades tamén fixemos unha morea de xogos!!
ESCONDITE
DOBBLE, MIKADO, LEGOS...
AREA CINÉTICA
CARCASSONNE
SALTO DE BALDOSAS
MAIS LEGOS
PLAY MOBIL
AFUNDIR A FROTA
Tamén tivemos tempo para facer talleres de artesanía:
E xa pensando na celebración de final de curso aquí vos deixamos mostra de todo o que diseñaron para facer un divertido e "fashion" fotocall: gafas, chisteiras, bocadillos, bigotes, etc... 🎉🎊🎩
O bo tempo non nos acompañou esta semana, e como polas tardes non paraba de chover, decidimos facer algunha que outra sesión de cine para ver "El Jorobado de Notre Dame" e a "Pantera Rosa".
E xa a piques de rematar o curso, non podíamos olvidarnos de colocar as fotos na ORLA da Aula Pirata 2020-2021
Menudos autorretratos tan fieis a realidade!!!!!☺☺☺
E isto é todo por agora. Despedimos estas semanas de finais de curso desexando darlle en breve a benvida ao Verán, que xa está a volta da esquina. ☀☀☀☀
Saúdos e ata pronto!!!!! 🙋
No hay comentarios:
Publicar un comentario