martes, 28 de enero de 2020

SEMANA DO 20 AO 24 DE XANEIRO

Bo día familias!!, xa estamos rematando xaneiro e os piratiñas seguimos traballando a tope.... 


Comezamos a semana tuneando os nosos lapis con distintas figuriñas feitas con  cartolina e goma eva, agora os deberes si que son máis divertidos!












Sentámonos a escoitar o conto Cuando desapareció el mar, un conto emocionante e tenro, que nos ensina que non coidar o medioambiente ten consecuencias......onde antes había peixes e barcos de pesca, agora soamente hai area, cascos de barcos oxidados e esporas tóxicas de ántrax ....





Descubrimos uns ovos moi especiais, na nosa Aula apareceron esta semana uns ovos azuis, porque as galiñas, que son moi pillas, poden poñer ovos de distintas cores: brancos, marróns, azuis. 






Voltamos ao traballo para facer uns tirachinas reciclando rollos de papel hixiénico, globos e folios. A aula convertiuse nun auténtico campo de batalla, pero non vos asustedes, esta foi unha guerra de sorrisos e brincos
















Xa vai pasando a semana e imos indo algo cansos, despois de traballar tanto tamén nos merecemos un premio, sair fóra para xogar co vento, xogar a escondernos del, a ler as historias que esconden os libros que hai na Aula, descubrir o que somos capaces de facer coas nosas mans,  desfrutar cos nosos xoguetes, e bailar ao son da música todos xuntos

PARACAÍDAS













XOGO LIBRE






JUST DANCE






E chegou o momento de descansar.... toca coller folgos porque outra semana espéranos á volta da esquina!! 

Ata a próxima familias!! 💗 😉

No hay comentarios:

Publicar un comentario