Comezamos adornando a nosa árbore, pero non pensedes que fomos a comprar os adornos...non non... fixémolos todos nós!!!
Como a da parede xa estaba chea, decidimos facer unhas bolas de lá e levalas para adornar a árbore da casa....
Os piratiñas fixéronas con purpurina para darlle un toque de brilli brilli a este Nadal!!
Deunos tempo a facer de todo...unha vez que xa tiñamos todo decorado, fixemos uns trasnos chulísimos cos cales nos rimos un montón ao vernos así vestidos!! opinade vos mesmos hahahahah
Estivemos todos moi atentos ao conto "O espírito do nadal" ...porque con este frio non hai mellor cousa que un bo conto ao lado da cheminea...e nós temos as dúas cousas!!!
Como xa vos dixemos ao principio de todo, este nadal deunos tempo para facer moitas cousas, entre elas, e como non podía faltar...BAILAMOS E CANTAMOS!!! E así fixemos ganas (ainda que xa as tiñamos) para ir a....PAZOLANDIA!!
PAZOLANDIA:
Como nos achegábamos ao fin de ano, celebramos as badaladas pero estas foron mellores porque...COMEMOS GUSANITOS!!!
Despois das badaladas sabedes o que vén non??? Pois os Reis Magos!!! Entón puxémonos mans a obra e.... CONCURSO DE CARTAS ÓS REIS MAGOS!! Asegurámosvos que algunha foi do máis orixinal!!!
Como despois de traballar tanto entrounos a fame.... lavamos as mans e... a cociñar!!!!!
Lollipops de chocolate branco ou boneco de neve como mellor vos guste hahahaha!!
Para rematar unhas intensas vacacións debuxamos O Apalpador ademais de explicarlle a historia deste ser máxico do noso entorno! E vimos unha peli como non...navideña!!!
PELI "EL GRINCH" con pipocas!!
Bueno pois despedimos un ano máis, esperamos que o pasarades igual de ben ca nós!!
Seguímonos vendo na aula!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario