martes, 21 de enero de 2020

Semana do 13 ao 17 de xaneiro

Boa tarde familias, a semana pasada estivemos traballando arreo, así que quedádevos por aquí que vos imos ensinar o que fixemos:

creamos uns bonecos con hama beads, temos que ter moita paciencia, porque estas peciñas parece que teñen vida propia, COMO ESCAPAN!!!!



















Descubrimos gracias ao corto Cuerdas, que gañou un goya no ano 2014 que a amizade e a solidaridade son uns valores moi importantes. Recomendámosvos que o vexades, aquí tendes o enlace.

Os días que fai bo tempo aproveitamos  para xogar fóra, e como nos gusta tanto, xogamos o Hechicero, onde nos transformamos en elfos, cabaleiros, bruxas e gardabosques co fin de apotar o gran feiticeiro.







Como nos gusta bailar!!!!! O just dance é un clásico na aula, pero nunca nos aburrimos del.













Cando fóra fai frio apetécenos sentarnos nunha silla ou na alfombra e ter sesión cine. Vimos a película Ana y Bruno.


Tamén fixemos unhas pulseiras moi chuliñas con contas e abalorios, que presumidas e presumidos somos!!!!










Algunha tarde xogamos o tutti fruti, seguro que a máis de un e unha vos recorda a vosa infancia, pois ainda que pasen os anos, hai xogos que siguen sendo moi divertidos.

Pero tamén nos deixan xogar ao que queiramos, para que teñamos tempo libre e  podamos sacar fóra a nosa creatividade.











                                             E ata aquí as nosas peripecias na Aula.

2 comentarios:

  1. Quero volver o cole e ir a "Aula D'abaixo" sodes geniales

    ResponderEliminar
  2. E logo, quen és????Podes pasar a facer unha visita cando queiras

    ResponderEliminar