Comezamos a semana con unha visita na Aula, a da Garda Civil.
Con eles os nosos rapaces aprenderon que as agresións, os abusos, a discriminación non son conto nin un
xogo
E entre debuxar, aprender, xogar a buscar tesouros e ver pelis...... os noso piratiñas tamén atoparon tempo para xogar ó que máis lles gusta; o lego, Mr. Potato, xogar cos animais, coa granxa coas casiñas da cidade, bailar..... pois non vai ser todo traballar, non vos parece?
Tamén viaxamos a moitas épocas da historia coa axuda da xincana A máquina do tempo, neste xogo os peques tiveron que poñer a proba as súas habilidades e conseguir superar unha serie de probas e conseguir moitos puntos para atopar o tesouro, o tesouro da Aula Pirata!
E para rematar a semana os mozos de Lecer e Consumo ensináronnos o que significa ocio e consumo responsable, publicidade, comercio xusto, e moitas cousas máis.
Aquí vos deixamos un vídeo sobre a Mariposa Pizpireta, dádelle ao play e ... A bailaaaarrr!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario