O día 24 de Agosto imos facer unha excursión a San Cibrán de Lás, ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lansbrica.
Hai dúas actividades, unha para Primaria e outra para Infantil.
O custo da de Primaria son 5€ e a de Infantil 4€.
A saída será as 10:00 horas e a chegada as 14:20 aproximadamente.
Rogamos nos comuniquedes a asistencia do/a voso/a fillo/a e abonedes o importe da entrada entre o luns 20 e o martes 21, xa que temos que confirmar o número exacto de nenos/as.
NOTA: os rapaces deben ir con roupa, calzado cómodo e gorra, e levar merenda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario