martes, 14 de febrero de 2017

Ceras, papel e tesoiras

Collage

Creedes que para facer unha obra de arte é preciso moitas ferramentas? non imaxinades o que os nosos piratiñas son capaces de facer cuns papeliños de cores, unhas tesoiras e pegamento.
Un trisco por aquí, un anaquiño por acolá, no centro pegamos estoutro papeliño amarelo e.... nun pispirispás temos unha auténtica obra de arte.







La tijeras de Matisse

Pero para artista artista, e non só cos pinceis, Matisse. Hoxe coñecemos a este pintor francés que non só se desenvolvía ben coas brochas, senón que tamén lle daba xeito as tesoiras, o pegamento e os papeliños de cores.. como os nosos piratiñas!!que non perderon ripio e estiveron moi atentos a lectura do conto Las tijeras de Matisse



hipopótamo
E se pensades que son bos co pegamento e coas tesoiras, nin imaxinades o que fan coas pinturas e coas ceras. Os hipopótamos máis coloridos e divertidos están no Pereiro de Aguiar 










No hay comentarios:

Publicar un comentario