A semana pasada piudemos usar toda a nosa imaxinación e dotes artísticas para realizar, pola mañá, unha actividade chuli, chuli....Primeiro fixémonos unha fotiña moi cerca, despois imprimímola e recortámola pola metade para, de seguido pegála nun folio e tentar debuxar a metade que faltaba....E voilá!!! Aqui os resultados!!!!
Pero a actividade non rematou aí, coas metades que non usamos nos noso debuxos, esta semana as monitoras fixeron uns puzzles moi simpáticos e os nenos e nenas da aula tiveron que adiviñar que dous nenos se agochaban tras esas cariñas tan simpáticas. A que mola???
E hoxe, propoñemos aos papás e mamás un super concursazo......A ver se adiviñades con quen comparte cariña o voso fillo ou filla!!
Haberá premio en forma de chupa chus para os que participedes e acertedes clarostá!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario