Nestes días frios de inverno lemos o conto "A caixa do tesouro" no que o máis importante nesta vida é querer moito e levarte moi ben coa túa familia. Despois cada piratiña díxonos que era para eles o seu gran tesouro.
Como son moi creativos fixeron unhas historias requetechulas despois de darlle 5 palabras: electrómetro, fundir, derrapar, escapar e escola (escolléronas eles ao chou). Pero menudas palabrexas lles tocaron.
E polas tardes tampouco nos aburrimos. Fixemos unha morea de xogos como "Todas a unha cor", ou a danza dos xornais.Son uns expertos danzarines!!!!!!!
Os lagartos no inverno están durmindo pero como nos gustan tanto fixemos uns con moitas ganas de coñecer a neve.
O noso barco pirata, farto de tanto frío, desembarcou na praia "Bencho", na que había toallas, barcos e ata tiburóns.
Como nos ameazaron con frio e neve dixemos todos/as que nos facía falta algo branco, e lemos o conto "O branco país sen neve" no que unha cerdeira pode cubrir os campos de branco. E pintamos a nosa propia cerdeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario