A semana pasada pola tarde apareceunos no barco pirata unha mamá elefantiña e quixo que os nosos/as piratas coas suas mans fixesen un igualiño a ela. Que vos parece, gústavos?
En Pereiro de Aguiar hai moitos carballos así que lemos o conto "Xaime e as Landras" na que aprendemos como de unha landra podemos ter unha árbore moi pero que moi pero que moi alta. E ata pintamos unha!!!!!
Hoxe tiñamos frío(bueno, non é certo, pero era a escusa perfecta para empezar a bailar) así que levantamos os brazos, xiramos, volta para aquí, volta para alá.....
Os nosos amigos da mañá deixáronnos un agasallo: pintura en 3D feita con fariña, auga e pintura acrílica. Así que collemos os bibiróns de colorines e fixemos uns debuxos que xa lle gustaría a Picasso, Dalí ou Velázquez ser tan vos e ter tanto éxito.
Pablo e Nuria fixeron un cartel para colocar na porta do seu cuarto
O día da Paz lemos un conto de discordia.... non, non, non vos asustedes... e que a protagonista chamábase así pero o final era unha bruxa boa. "A bruxa discordia", e bailamos a súa canción, que é animadísima.Queredes escoitala? Pois pinchade aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario