Fixemos estrelas para adornar todas as casas, e que o espírito do Nadal se cole en todos os fogares.
Tivemos unha visita moi especial, 2 aguias ratoeiras que soltamos para que voltasen o seu hábitat natural. Foi moi emocionante saber o que comen, como cazan...... Eso sí, tivemos que estar retirados cando comezaron a voar porque non vexades que gadoupas teñen.
Lemos o conto do Apalpador: Sabedes quen é? pois preguntádelle os vosos/as fillos/as que xa son uns expertos debuxándoo.
Como o frío chegou e queremos ver neve, fixemos uns esquiadores para estar preparados para cando os primeiros copos empecen a caer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario