viernes, 12 de marzo de 2021

SEMANA DO 8 Ó 14 DE MARZO


 Ola de novo unha semana máis!!!!

Estes días os peques estiveron a traballar arreo porque a segunda avaliación está a piques de rematar. 

Pero tamén tiveron tempo de entreterse na Aula. Aquí vos unha boa mostra delo.

Comezamos a semana reivindicando os dereitos das mulleres no 8M, e mostra delo foron estas tarxetas que crearon os rapaces.


Seguimos  con moita enerxía, amosando as destrezas para superar os retos propostos nestas Olimpiadas tan especiais. Como sigan así, xa os vemos en Tokio competindo.   


                       


   




As mañás tamén son estupendas para facer talleres. 

Aquí tedes a estes peques expresando toda a súa creatividade a través de figuras de cores...


 Do "Señor Manolo", un equilibrista de primeira. 


     
As tardes tamén deron para xogar ao "¿Quén son?" antes de comezar coas tarefas escolares.

         







E as pedras que os máis peques atoparon nos seus minipaseos arredor do cole, decoráronas con pintura e quedáronlle chulísimas 😍

E como o taller de creación de pulseiras e chaveiros con lá tivo moito éxito, esta semana seguimos con él. 

Os máis pequechos  tiveron unha tarde de safari co rescate duns animaliños perdidos. Elaboraron uns prismáticos para poder explorar como auténticos profesionais...


  

E atoparon todiños 👀 



                                 


Ata unha serpe velenosa. Como se pode  observar na imaxe, o método de captura empregado foi todo un éxito e todos os animais foron devoltos sans e salvos á reserva da que escaparon.





E seguindo con temática sobre natureza, tamén se aventuraron a crear unhas bolboretas moi bonitiñas.


  


E para rematar a semana, nada como unha boa carreira de peixes de cores. 🐠🐡🐟



 


E así remata esta trepidante semana. Agardamos que pronto poidamos contarvos novas aventuras.
BOA FINDE!!!!!!



viernes, 5 de marzo de 2021

SEMANA DO 1 Ó 5 DE MARZO


Boas familias! 


Unha semana máis deixámosvos imaxes para achegarvos o día a día dos vosos peques.

 Estes días tivemos unha tregua no tempo atmosférico e puidemos disfrutar dunhas estupendas tardes soleadas. E non desaproveitamos este feito, pois saímos polos arredores do cole a pasalo ben nestes días casi primaverais.

          


E como se estaba tan agustiño, sacamos as merendas e alimentámonos rodeados de natureza.


            


Así mesmo,  pasárono  xenial no patio do cole, pois fixemos moitos xogos. 


          


Os nenos e nenas incluso se  atreveron a facer experimentos científicos.  Tocou sesión para aprender cousiñas sobre a DENSIDADE dos líquidos. Parece que todo saíu todo estupendamente e non houbo que lamentar ningún accidente no noso laboratorio 😉. 








Na aula tamén o pasaron estupendamente xogando a dentistas 😄


E cultivaron o intelecto mirando contos.


Os maiores non desaproveitaron a ocasión e pasárono xenial xogando ó atrapa-pelotas

                 


                    

E como non podía ser doutra forma, tamén fixemos obradoiros:

  • Crearon  unhas MEDUSAS chulísimas: 

                                    

                                    

                                   




Menos mal que non picaban!

  • E tamén crearon un BONECO moi simpático que sabía por e quitar o SOMBREIRO :


Esta semana foi moi especial para a Aula, pois fixémoslle unha homenaxe a Ainoa, a alumna do curso de Monitores de Ocio e Tempo Libre que fixo as prácticas na aula esta tempada. Os nenos quixeron despedirse dela ao grande, pois esforzouse moito e fixo un traballo impresionante con eles. 
Tanto as monis como os pequechos estamos  encantados de que pasase pola Aula coa súa enerxía e o seu bo facer. 



AINOA, DESEXÁMOS QUE CHE VAIA ESTUPENDAMENTE!!!! 💕

Agardamos que disfrutásedes vendo ós nenos e nenas da aula no seu quefacer diario e para a semana ensinarémosvos máis cousiñas.

 De momento, a disfrutar do fin de semana que parece que ven soleado.
Ata pronto familias 🙋



lunes, 1 de marzo de 2021

Semana do 22 ó 26 de febreiro

Olaaaa Olaaaa familias!!!!!

Como xa sabedes é luns, e con él traémosvos unha nova entrada no blog, mostrándovos todas as cousiñas que fixemos.

Como saiu o sol, estivemos no patio e o camiño novo do cole que nos gusta un montón!!!



Con grandes enigmas por resolver...






Pero sabedes qué? non vos hai ninguén no cole tan coquet@s coma nós!!!!!!





Tivemos a visita de uns dragonciños moi simpáticos, pero botaban lumeeeeee pola boca 😂😂😂😂




E...cando o día se pon feo...nós alegrámolo facendo unha competición con retos imposibles, pero que os nosos grumetes souberon superar con unhas habilidades increibles!!!






Queredes coñecer á marioneta Tito?? @s grumetiñ@s elixiron o nome, que vos parece? por aquí quedaron encantad@s e non sabedes todo o que xogaron con él!!!








No pavillón o venres movemos o esquelete e xogamos coa música para comezar con ganas a fin de semana!!

ESTATUAS MUSICAIS VARIADAS:


CONGA:


SILLAS MUSICAIS:







E mentras os máis intrépidos buscaron e rebuscaron as diferenzas nos seus superheroes favoritos!!!


A quén non lle gusta xogar ca plasti??? porque a nós encántanos e facemos moreas de cousas con ela, pero para @s que non lle gusta tanto iso de manchar as máns temos outros xogos igual de divertidos.
Pero.... e si os facemos sin ver???? fixádevos ben na primeira foto!!



E como non...voltan as moscas!!! si si empeza a época na que eses bichiños tan pequeniños nos comezan a molestar pero tranquil@s...estas son adorables!!!!


Pois espedímonos de vós ata a semana que ven!!!!! 
un abrazo virtual para tod@s!!
😉😉😉😉