domingo, 7 de junio de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 55



Bo día rapaces e rapazas¡¡¡¡

Hoxe luns traemos unha manualidade á que lle podedes sacar moito proveito, botándolle un pouco de imaxinación....

Imos facer unha catapulta con pauciños de xeados.

Necesitamos: 



- 9 pauciños de xeados ou depresores 
- unha culler
- gomiñas elásticas, se son de cores, quedará máis divertido


Para facer esta manualidade sería bo usar os pauciños máis grandes, se son de cores mellor pero se son os de madeira sen pintar, podedes tunealos vós como queirades.


Para facer a base da catapulta necesitamos 7 pauciños de xeado.
Unirémolos usando as gomiñas elásticas, se son de distintas cores, mellor. Colocámoslle unha gomiña en cada extremo.




Agora collemos os outros 2 pauciños, poden ser distintas cores. Unímolos con outra goma por un dos extremos. 



Abrímolos e colocamos a primeira peza que preparamos como formando unha cruz. E con 2 gomas, unímolas polos seus puntos de contacto.


Agora só temos que engadir a culler. Fixámola ao extremo do pauciño superior con máis gomas elásticas e xa está lista a nosa catapulta para xogar¡¡¡




E a que podemos xogar?? pois por exemplo a meter boliñas en vasos....ou facer unha diana con platiños ou cartóns, poñerlle número e ter boa puntería....



Bueno amiguiñ@s, pois ata aquí a idea de hoxe. Esperamos que vos gustara e vémonos mañá¡¡


💋

jueves, 4 de junio de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 54

Bo día amigos e amigas chefs. Hoxe temos curso de cociña, pero tranquil@s que non vai ser coma os programas da tele que hai que facer a receita correndo, con presión e estresad@s, non non, vos ó voso ritmo. De feito deixámosvos unha morea de fotos co paso a paso de cada receita para que vos sexa máis doado.
Pedide sempre axuda para cociñar, que aínda que algunhas receitas son sinxelas, sempre debe haber un adulto supervisando.

Sándwich ó forno

Ingredientes:





👉 8 rebandas de pan de molde
👉 2 ovos
👉 Media taza de leite
👉 8 rebandas de queixo
👉 8 rebandas de xamón cocido
👉 Papel de forno
👉 1 bandexa de forno


Esta receita é moi sinxela e moi rica. O primeiro que temos que facer é bater os ovos.

Unha vez batidos engadimos media taza de leite

 Collemos as rebandas de pan e mollámolas ben na mestura de ovos e leite ata que queden ben empapadas polos dous lados e imos colocando na bandexa do forno, na que previamente colocamos un anaco de papel de forno (esto é opcional, se non tendes papel non llo poñades, non suelen pegarse)



Toca rechear os nosos sándwiches. Colocamos unha rebanda de queixo, duas de xamón cocido, e outra de queixo por riba.



 E para rematar rebozamos as outras 4 rebandas de pan coa mestura de leite e ovo e colocámolas por riba.

 Quentamos o forno previamente e metemos a bandexa a 160 grados uns 10-15 minutos. Como o noso forno é pequeniño (como o que temos na aula), cociñáronse máis rápido que nun forno normal. Ide vixiando na porta o tempo, para que non se queimen, pero asegurádevos de que quedan tostadiños.

Como podedes ver os nosos saíuselles moito o queixo. Esperamos que teñades sorte e non vos toque unhas rebandas cheas de buratos cando abrades o paquete de pan (as nosas sí que tiñan moitos, e así é máis difícil incluso rebozar co ovo).




Esta receita é a preferida dunha das monitoras, que comía moitos sandwiches coma estes cando era adolescente. A ver se adiviñades de que monitora se trata????????


E agora imos có postre:
Mousse de chocolate

Ingredientes:



🌺 200 gr de chocolate negro para fundir
🌺 6 ovos
🌺 200 gr azucre
🌺 120 gr de manteiga


Esta receta é un pouco máis elaborada que a outra, pero con axuda dun adulto podedes facela moi ben. En primeiro lugar, o máis complicado é separar as claras das xemas dos ovos. Os que non sabedes, pedide axuda.



 Batemos as claras a punto de neve, é dicir, coa batidora temos que transformar as claras transparentes en brancas e que deixen de estar líquidas. O truco para saber se están ben montadas é que lle deamos a volta ó bol onde as batemos e que non caian (como na foto).  OLLO: coidado con facer isto, que se non están ben batidas acabarán todas no chan 😲🙈🙈





Despois botamos nun bol apto para microondas o chocolate coa manteiga, e dámoslle 30 segundos, sacamos do micro, remexemos e volvemos metelo dentro outros 30 segundos. Ide pouco a pouco co tempo no microondas porque se o metedes 1 minuto seguido pode queimar o chocolate.





Agora batemos as xemas co azucre moi ben noutro bol, e unha vez batidas botamos o chocolate derretido encima.







Temos que engadir as claras a punto de neve á nosa masa. A partir de aquí hai que mesturar todo cunha culler de madeira, con movementos envolventes, non podemos usar a batidora eléctrica porque a mousse quedaría mal.




Botamos a mestura nunhas copas, vasos, bols, ou o que queirades, e metémolos na neveira como mínimo 2 horas.

Unha vez frío, podedes engadirlle algunha cousiña para adornar, como chocolate raiado, estreliñas de cores, froita ou o que máis vos guste.


Por último queda o máis importante : A COMELOOOOO 
😋😋

lunes, 1 de junio de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 53


Bo día raparig@s¡¡¡

Estes días que fai sol e ás veces chove, é moi probable que se forme un  arco da vella, pero nós imos ter  o noso propio na csa.....gústavos a idea??


Para elo, propoñémosvos un experimento para que vexades, como unha mesma sustancia (azucre), engadida na auga en distintas proporcións, fai que varíe a densidade.


Veña que comezamos: ARCO DA VELLA CON AZUCRE

Necesitamos:

- 5 vasos transparentes
- colorantes alimentarios
- auga
- azucre
- unha culler 

1. Botamos auga en 4 dos vasos. Procurade botar a mesma cantidade en cada un deles. Agora botamos 1 cullerada de azucre no primeiro vaso, 2 culleradas no segundo, 3 no terceiro e 4 no último. Removemos ben para que se disolva ben o azucre (se a agua está temperada será máis doado).

2. Para diferenciar os vasos, botamos unha cor de cada colorante alimenticio, en cada un dos vasos.



3. Cando estea todo ben disolto, ven a parte máis difícil.....temos que botar cada un das cores no quinto vaso, pero ten que ser con moito coidado para que non se misturen as cores e quede algo coma esto....😢




Recomendámosvos que o fagades pouquiño a pouco, botando cada capa ca culler sobre a anterior, acercando o máis posible o a culler á superficie da capa.

Unha vez rematado, teredes un arco da vella precioso nun vaso. 




Aquí remata o blog de hoxe, facédeo na casa i enviádenos fotiños porfa¡¡¡¡¡ 

UNHA APERTA VIRTUAL A TOD@S¡¡¡¡¡