Bo día amigos e amigas chefs. Hoxe temos
curso de cociña, pero tranquil@s que non vai ser coma os programas da tele que hai que facer a receita correndo, con presión e estresad@s, non non, vos ó voso ritmo. De feito deixámosvos unha morea de fotos co paso a paso de cada receita para que vos sexa máis doado.
Pedide sempre axuda para cociñar, que aínda que algunhas receitas son sinxelas, sempre debe haber un adulto supervisando.
Sándwich ó forno
Ingredientes:
👉
8 rebandas de pan de molde
👉
2 ovos
👉
Media taza de leite
👉
8 rebandas de queixo
👉
8 rebandas de xamón cocido
👉
Papel de forno
👉
1 bandexa de forno
Esta receita é moi sinxela e moi rica. O primeiro que temos que facer é bater os ovos.
Unha vez batidos engadimos media taza de leite
Collemos as rebandas de pan e mollámolas ben na mestura de ovos e leite ata que queden ben empapadas polos dous lados e imos colocando na bandexa do forno, na que previamente colocamos un anaco de papel de forno (esto é opcional, se non tendes papel non llo poñades, non suelen pegarse)
Toca rechear os nosos sándwiches. Colocamos unha rebanda de queixo, duas de xamón cocido, e outra de queixo por riba.
E para rematar rebozamos as outras 4 rebandas de pan coa mestura de leite e ovo e colocámolas por riba.
Quentamos o forno previamente e metemos a bandexa a 160 grados uns 10-15 minutos. Como o noso forno é pequeniño (como o que temos na aula), cociñáronse máis rápido que nun forno normal. Ide vixiando na porta o tempo, para que non se queimen, pero asegurádevos de que quedan tostadiños.
Como podedes ver os nosos saíuselles moito o queixo. Esperamos que teñades sorte e non vos toque unhas rebandas cheas de buratos cando abrades o paquete de pan (as nosas sí que tiñan moitos, e así é máis difícil incluso rebozar co ovo).
Esta receita é a preferida dunha das monitoras, que comía moitos sandwiches coma estes cando era adolescente. A ver se adiviñades de que monitora se trata????????
E agora imos có postre:
Mousse de chocolate
Ingredientes:
🌺 200 gr de chocolate negro para fundir
🌺 6 ovos
🌺 200 gr azucre
🌺 120 gr de manteiga
Esta receta é un pouco máis elaborada que a outra, pero con axuda dun adulto podedes facela moi ben. En primeiro lugar, o máis complicado é separar as claras das xemas dos ovos. Os que non sabedes, pedide axuda.
Batemos as claras a punto de neve, é dicir, coa batidora temos que transformar as claras transparentes en brancas e que deixen de estar líquidas. O truco para saber se están ben montadas é que lle deamos a volta ó bol onde as batemos e que non caian (como na foto).
OLLO: coidado con facer isto, que se non están ben batidas acabarán todas no chan
😲🙈🙈
Despois botamos nun bol apto para microondas o chocolate coa manteiga, e dámoslle 30 segundos, sacamos do micro, remexemos e volvemos metelo dentro outros 30 segundos. Ide pouco a pouco co tempo no microondas porque se o metedes 1 minuto seguido pode queimar o chocolate.
Agora batemos as xemas co azucre moi ben noutro bol, e unha vez batidas botamos o chocolate derretido encima.
Temos que engadir as claras a punto de neve á nosa masa. A partir de aquí hai que mesturar todo cunha culler de madeira, con movementos envolventes, non podemos usar a batidora eléctrica porque a mousse quedaría mal.

Botamos a mestura nunhas copas, vasos, bols, ou o que queirades, e metémolos na neveira como mínimo 2 horas.
Unha vez frío, podedes engadirlle algunha cousiña para adornar, como chocolate raiado, estreliñas de cores, froita ou o que máis vos guste.
Por último queda o máis importante : A COMELOOOOO
😋😋