martes, 19 de julio de 2016

VISITA Ó NOSO CONCELLO !!

O pasado 15 de xullo os nenos da Aula Concilia visitamos o noso Concello. Alí fomos recibidos pola coordinadora do Programa Concilia, Ana, que nos amosou o edificio e as instalacións e nos acompañou a coñecer a todo o persoal que traballan nel: educadores e  traballadores sociais, persoal de rexistro, asesoría xurídica, orientadora laboral, ocio e tempo libre.







Coñecimos tamén o señor alcalde, Don Eliseo Fernández e o señor secretario, Don Plácido Álvarez,
todos eles adicáronnos uns minutiños e responderon amablemente as preguntas que fixeron os nosos piratiñas, moitas delas moi interesantes como: tramitar licencias  para facer piscinas, cursos de formación que oferta o Concello, orientación laboral, qué facer cando un veciño ten árbores que invaden a propiedade privada, pedir certificados de empadroamento, etc.
Foi unha visita moi agradable e nela aprendimos moitas cousas sobre o funcionamento do noso Concello.
¡¡ Grazas a todos pola vosa amable atención!!













Pero non pensedes que aquí rematamos ¡non!, repuxemos forzas merendando no parque e despois puxémonos en marcha para a búsqueda do tesouro escondido.














Ainda nos esperan moitas máis aventuras piratiñas!!!




lunes, 18 de julio de 2016

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE: Ola mamás e papás. Mañá suspéndese a saída a Melias e a panadería así que traede os/as vosos/as piratiñas a Aula D´abaixo como todos os días. Un saudo e pasade bo día.

miércoles, 13 de julio de 2016

Excursión a Allariz

O piratas saimos da aula o martes e puxemos rumbo a un novo destino: Allariz. Atracamos o barco e estivemos visitando un pouco a cidade e vendo se había algún boi polas ruas, pero non atopamos ningún (menos mal!!!!!).






Paramos á beira do río a merendar e ver as piraguas que estaban entrenando. Que velocidade levaban, nin que os perseguise algún barco pirata (o noso non era, seguro, seguro).





Despois visitamos a fundación A.N.D.R.E.A. que traballa con burros. Ten 17 animais, todos eles con nome propio (a nos pareceunos moi difícil distinguir algún deles, pero os donos sabían o nome de todos: candela, blanquita, douro...). Esta fundación traballa con nenos/as con discapacidades e os burros axudan na súa terapia. Deixámosvos un porrón de fotos do ben que o pasamos con eles. E se queredes amadriñar/apadriñar ou acoller a un burro podedes facelo a través da fundación.