martes, 25 de febrero de 2014

Mapa do Concello

Como bos piratas que somos ADORAAAAAAAAAMOS os mapas.
De feito nesta entrada podedes ver outro que tamén fixemos e co que aprendimos moito, moito.
Asi que puxémonos máns á obra e fixemos un mapa do noso concello. Para estar seguro de que cada vez que atracamos imos ao sitio axeitado. Porque nós, non necesitamos mar nin océano para chegar a bo porto.





viernes, 21 de febrero de 2014

Varias tardes. Varios proxectos.

Ola,ola!
Aproxímase a fin de semana, e para que non vós aburrades, deixamosvós un par de ideas para facer cos peques e non tan peques tan casa.

A primeira é: Unha cestiña ben xeitosa para gardar todos os tesouros que vaiades atopando.

Só temos que ter algo de foam (goma eva), agulla gordecha, lá e pegamento.



E a outra actividade ten moito que ver cunha gran amiga do barco pirata. Gloria Fuertes, que para que non o sabía, na aula pirata xa limos algúns dos seus poemas e tivemos o placer de coñecer a Dona Sara e Don Ramón, pero hoxe tocou "Como se dibuja a un buzo", en internet podedes atopar moitos dos seus poemas, nós temos a sorte de ter un libriño con varias das súas obras. Pero senon aquí e aquí tendes algúns exemplos do que vós contamos.




Saudos piratas e forza amig@s!

martes, 18 de febrero de 2014

Normas e como funciona o Programa Concilia.



PROGRAMA CONCILIA O PEREIRO DE AGUIAR




NORMAS DO PROGRAMA CONCILIA

    Este servizo está destinado a pais/nais traballadores en activo.
    A ausencia dos usuarios ao servizo deberá ser comunicada cunha antelación de 24h por escrito.
     No caso de non avisar o usuario perderá a súa praza pasados 5 días lectivos.
      Só poderán acceder ao servizo os empadroados no concello.
      Durante o curso lectivo poderán asistir os matriculados no CEIP Ben Cho Shey
      No servizo non se realiza cambio de muda. En caso de necesitalo avisarase aos pais/ nais.
      Non poderán asistir á aula concilia os usuarios que se atopen nas seguintes situacións:
      Nenos non escolarizados menores de 3 anos.
      Nenos/as con febre superior a 38,5°C.
      Nenos/as con problemas intestinais que impidan o desenvolvemento da vida cotiá.
      No caso de que os usuarios teñan algún problema de saúde (alerxia, intolerancia,) ou se atope nalgunha outra situación especial deberá comunicalo aos monitores por escrito.
Circunstancias especiais
    Período non lectivo:
     A hora de entrada ao servizo vai dende as 7:30h as 9:45h.
     A hora de recollida é de 13:00h a 14:30h.
     No caso de que algún pai/nai comece a traballar despois do peche do prazo de inscrición poderá preguntar na aula se quedan prazas libres.
    Período lectivo:
     Os almorzos, que os usuarios traian da casa, terán lugar entre as 7:30h e as 9:00h.
     As merendas, que os usuarios traian da casa, terán lugar entre as 18:00h e as 18:30h.
     Os usuarios que asistan ao programa concilia polas tardes deberán avisar de calquera cambio de horario por escrito. En caso de dúbida os usuarios serán recollidos  á saída da escola.
     Os monitores non se farán cargo de recoller aos usuarios das actividades extraescolares.