PROGRAMA CONCILIA O PEREIRO
DE AGUIAR
NORMAS DO PROGRAMA CONCILIA
• Este servizo está destinado a pais/nais traballadores en activo.
• A ausencia dos usuarios ao
servizo deberá ser comunicada cunha
antelación de 24h por escrito.
▪ No caso de non avisar o
usuario perderá a súa praza pasados 5 días lectivos.
• Só poderán acceder ao servizo os empadroados no concello.
▪ Durante o curso lectivo
poderán asistir os matriculados
no CEIP Ben Cho Shey
• No servizo non se realiza
cambio de muda. En caso de necesitalo avisarase aos pais/ nais.
• Non poderán asistir á aula concilia os usuarios
que se atopen nas seguintes situacións:
▪ Nenos non escolarizados
menores de 3 anos.
▪ Nenos/as con febre superior
a 38,5°C.
▪ Nenos/as con problemas
intestinais que impidan o desenvolvemento da vida cotiá.
• No caso de que os usuarios
teñan algún problema de saúde (alerxia, intolerancia,…) ou se atope nalgunha outra situación especial deberá comunicalo aos monitores por escrito.
Circunstancias
especiais
− Período non lectivo:
▪ A hora de entrada ao
servizo vai dende as 7:30h as 9:45h.
▪ A hora de recollida é de 13:00h a 14:30h.
▪ No caso de que algún pai/nai comece a traballar despois do peche do
prazo de inscrición poderá preguntar na aula se quedan
prazas libres.
− Período lectivo:
▪ Os almorzos, que os
usuarios traian da casa, terán lugar entre as 7:30h e as 9:00h.
▪ As merendas, que os
usuarios traian da casa, terán lugar entre as 18:00h e as 18:30h.
▪ Os usuarios que asistan ao
programa concilia polas tardes deberán avisar de calquera cambio de horario por escrito. En
caso de dúbida os usuarios serán recollidos á saída da escola.
▪ Os monitores non se farán cargo de recoller aos usuarios das actividades
extraescolares.
Buenos dias, me gustaria saber si en periodo no lectivo les dais de desayunar y de comer, si se puede solicitar por semanas, que actividades se realizan...
ResponderEliminarBoas tardes, A solicitude de verán e por semanas, pero na aula non damos almorzos nin comidas. Podes solicitar máis información no mail aula_obradoiro@hotmail.com
EliminarUn saúdo