viernes, 8 de octubre de 2021

PONTE 11 DE OUTUBRO

 

LISTAXE ADMITIDOS PONTE 11 DE OUTUBRO


            1. HUGO HERNÁNDEZ 

            2. HUGO PINHO

            3. ANTÍA REBOREDO

            4. DAIRARA REBOREDO

            5. MARTINA GÓMEZ

            6. MATEO PROL

            7. HUGO SALGADO 

            8. IAGO SALGADO

            9. LUCA LOCOCO

          10. HUGO DÍAZ

           11. HUGO PARRO

           12. UNAI PARRO

           13. PABLO CARRASCO

           14. DANIEL CARRASCO

           15. ÍÑIGO GONZÁLEZ

           16.AINOA GONZÁLEZ


viernes, 1 de octubre de 2021

AVISO PONTE 11 DE OUTUBRO

 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á AULA CONCILIA

PONTE DÍA 11 DE OUTUBRO

Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as cursando actualmente 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria (nados entre o 2010 e 2018).

 

Inscrición: Do 1 de outubro ata o día 7 de outubro, poderase realizar presencialmente ou a través da sede electrónica. Só deberán presentar a solicitude aquelas familias que non fagan uso do servizo durante o curso escolar no CEIP Ben Cho Shei. O resto das familias chegará con avisar na Aula Concilia para anotar @s nen@s.

 

Publicación das listas de admitidos: 8 de outubro, no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Requisitos imprescindibles:

 

  • Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
  • Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR (só para solicitudes novas)

 

  1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)
  2. Copia do DNI do/a solicitante
  3. Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
  5. Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
  6. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
  2. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

Debido a actual situación, relacionada co Covid-19, o número de prazas será limitado, seguindo as medidas de seguridade impostas pola Adminstración.

lunes, 27 de septiembre de 2021

COMEZO DE CURSO 21-22


BOAS, FAMILIAS!!!!!! 🌿🍁🍂🍂🍂

    Comeza o curso e nós xa estamos de volta tamén.  Arrancamos cheos de enerxía e con moitas ganas de voltar a ver aos Auleros e Auleras. E tamén tivemos a sorte de coñecer a nenos e nenas que comezan este curso e se estrean neste espazo. Dámoslles a benvida, así como tamén lla damos as súas familias.   

                                Desexámosvos un moi bo curso. 

    E como non podía ser doutra forma, arrancamos cunhas saídas á chaira para gozar do bo tempo. A verdade é que tivemos unhas tardes estupendísimas para uns paseos ao redor da Aula. Aproveitaron o momento para unas partidas ao escondite.




Xa comezaron  as castañas a asomar e os peques non se resistiron a abrir os ourizos. 



    Polas mañás, os peques tiveron momentos de relax, pero tamén houbo momentos de movemento total!!!




    Así mesmo, voltaron con moitas ganas de xogar cos LEGOS. Menudas construccións!  aquí vos mostramos unha espectacular, denominada: "desafiando á gravidade".





    E como non podía ser doutra forma... o outono tamén chegou a Aula. Mirade que mural tan outonal. Dende os maiores ata os máis pequerrechiños aportaron  a súa arte para esta decoración tan  chula.




    Pronto vos mostraremos o resultado final. 🌾🌿🍀🍂🍃🍃🍂🌾🌿🍁🍁🍁


     E para que vexades o ben que cociñan os nosos nenos e nenas da aula, aquí vos deixamos un vídeo cos mellores momentos da cociña Aulera. Menudas pizzas prepararon 😋😋😋😋





    E ata aquí o comezo de curso. En breve contarémosvos mais cousiñas da Aula. 

DEICA LOGO FAMILIAS!!!!!