viernes, 6 de mayo de 2022

AVISO CONCILIA VERÁN 2022

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO “CONCILIA VERÁN” 2022

 

 

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro Oficinas Municipais ou Sede Electrónica.

Prazo de entrega: do 9 de maio ao 27 de maio.

Publicación das listas provisonais de admitidos: 10 de xuño, no blog da aula.

Prazo subsanación de erros: ata o 14 de xuño,

Publicación das lista definitivas: 16 de xuño.

 

 Requisitos imprescindibles:

·         Ser pai/nai  traballador/ra con fillos/as de 3 a 12 anos. Nenos e nenas nados entre o 2.010 e 2.018 (cursando actualmente 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria).

·         Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

·         Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.

 

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

  1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello www.concellopereiro.com ou neste enlace)
  2. Copia do DNI do/a solicitante
  3. Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
  4. Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral.
  5. Declaración IRPF do ano 2020, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
  6. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
    1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
  1. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

 

O número de prazas ofertadas é de 75, condicionadas ás normas establecidas por parte da Administración en función da situación epidemiolóxica.

As prazas para a participación no Programa serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia (IRPF 2020, ata 6,5 veces o IPREM).

Tfno. de información 988 25 93 85

 

No Pereiro de Aguiar, 6 de Maio de 2022

O alcalde

Luis Menor Pérez

No hay comentarios:

Publicar un comentario