martes, 19 de abril de 2022

Semana Santa

 Boas familias, xa rematou semana santa, pero aínda que moitos estabades de vacacións, na Aula non tivemos tempo de aburrirnos con todas as actividades que fixemos.

Os mais pequerrechiños fixeron un coelliño de pascua para meter ovos ou algún segredo que quixesen agochar. 







Os maiores atrevéronse cunha Ginkana de probas para medirse en duelo a puntería, o equilibrio, a precisión.... e como son tan competitivos todos e todas querían gañar... pero o importante é participar.

Primeiro escollemos o nome do equipo e a nosa bandeira


e despois as probas, galiña cega ata un punto, encestar a lata,


                        
                        encestar pelotas, relevos de zapatillas,


                                                                                memoria




O final tod@s o fixeron moi ben.

Pintaron uns oviños de porespan e quedaron tan bonitiños que algún quería comelo porque brillaban moito. 
 











Tivemos sesión de cine coa peli Red, que trata dunha nena que se convirte nun panda vermello. Que ganas de achuchalo tiñan.

Este ano o coelliño de Pascua non se esqueceu de nós e deixounos unha morea de ovos de chocolate. Pero como non era todo tan doado, tiveron que buscalos por todo o pavillón, que estaban agochados.













A choiva molestounos un pouquiño, asi que aínda que estreamos a pista cuberta, cando o balón saía fóra tiñan que esperar a que parase de chover e recuperar a pelota. Mirade que cariña de resignación......

E para rematar a semana santa e aproveitando que había bo tempo baixamos a Cachamuiña disfrutando das rutas de sendeirismo. O que mais lles gusta é xogar no parque.












Ata aquí a nosa reportaxe de semana santa, xogamos, divertímonos e pasámolo requetexenial. Para o ano máis e mellor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario