lunes, 1 de febrero de 2021

SEMANA DO 25 Ó 29 DE XANEIRO




 Boas, familias!

Imos rematando o primeiro mes do ano e unha semana máis os nenos e nenas da Aula D`abaixo tiveron unha semana chea de acción.

Comezamos a semana meténdonos de cheo no mundo do ladrillo. Traballamos abondo elaborando unha morea de ladrillos para poder construir unha parede chea de mensaxes encamiñados a facer unha sociedade máis pacífica, pois tíñamos á volta da esquina a celebración do Día da Paz e a Non Violencia.

Os nosos meniñ@s quixeron transmitirnos unha chea de mensaxes positivos e pacíficos nestes tempos tan complicados que estamos a vivir. A verdade é que foi moi grato para nós ver como se esforzaron por crear unha parede chea de colorido e bos desexos. GRACIAS RAPACES E RAPAZAS❤





E como xa estabamos inmersos na cultura de paz, déusenos por crear un elemento decorativo cun dos símbolos máis representativos do movemento pacifista.  





 

E como non podía ser de outra forma, non nos olvidamos da Pomba da paz, outro dos símbolos máis representativos desta celebración.

 



Non todo se centrou no día da PAZ, tamén o pasaron fenomenal pintando, xogando coa plasti, a construír, xogos de mesa, etc.




 


    O xoves pola mañá tivo lugar a inauguración da nosa parede de ladrillos con todas as mensaxes de paz que os peques crearon con tanto esmero. E para dita conmemoración contamos coa presenza do alcalde do noso concello, Luis Menor e a Técnica de Educación, Ana,  para completar o muro co último ladrillo. A verdade é que foi un acto moi emotivo, pois os nenos e nenas da Aula fixeron unha posta en escea fermosísima e deleitáronnos con unha mensaxe moi sentida. Ás monitoras só nos  queda  agradecer a presenza de todos e todas  os/as que formaron parte desta homenaxe reivindicativa dos valores de paz e non violencia deste 2021. MOITÍSIMAS GRACIAS!!!! 







 

                         




No hay comentarios:

Publicar un comentario