SEMANA SANTA 2021
Días: 29, 30, 31, 5
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 1 ao 18 de marzo .
Publicación das listas de admitidos: 22 de marzo no blog da aula e na páxina do concello.
Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
Ficha de inscrición debidamente cumprimentada ( aquí )
Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
Certificado de empadroamento no concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
Fotografía de carné d@ menor (nen@s de 4º de infantil).
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 25 de febreiro de 2021
O alcalde
Luis Menor Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario