Boa tarde familias, xa rematamos o Nadal e queremos amosarvos todo o que fixemos estas semaniñas de vacacións.
Comezamos o nadal coa Lotería da Aula Concilia, e os nosos piratiñas non teñen nada que envidiar ós de San Ildefonso, que ben cantaron os números e os premios.
Organizamos os sobres de premios, fixemos os números da lotería para introducir no bombo e conseguimos mercar os boletos de lotería grazas ao diñeiro que conseguimos superando unhas probas: recoñecer panxoliñas, encestar agasallos no nosa cheminea, adiviñar obxetos "Apalpando" e probando puntería.
O marabilloso desta lotería é que ninguén sae perdendo, pois hai premios para todos e todas.
Fixemos un Agamógrafo....eh????? Pero que é eso????? pois xa volo explicamos agora mesmo: son dous debuxos nun, que se poden descifrar segundo mires dun lado do folio ou do outro. E que conste que non é maxia, jejejeje
Os nosos piratas maiores contáronlle un conto aos peques: "El pequeño arbol de navidad", Que BEN O FIXERON. E como lles gustou tanto saber das árbores, fixeron unha con paus de madeira, para adornar as nosas casas.
Pero non todo foi traballar, así que tivemos tempo de xogar a todo o que nos gusta: bolos, á corda, ós legos..... cantas cousas hai para pasalo ben.
Xa é tradicional que o día 30 de decembro celebremos as badaladas e o aninovo. Así que para estar máis elegantes fixemos uns adornos e retratámonos con eles.
Que guapos e guapas saimos todos, xa lles gustaría ás revistas máis prestixiosas ternos nas súas portadas.
Son moi típicas de nadal as bolas de neve con auga e purpurina. Así que nos puxemos mans á obra e pintamos unha foto nosa para ser os protas da nosa bola. E cada vez que axitabamos a auga, a nosa cabeza enchíase de brillo (que divertido).
Resulta que nos roubaron uns adornos da árbore de nadal, así que os nosos intrepidos detectives tiveron que buscalos por toda a aula e o pavillón... menos mal que son todos moi bos e conseguimos recuperalos e colocalos de novo no seu sitio.
Xogamos unha partidiña ó bingo, e así os mais pequerrechos practicaron os números.
E para rematar o Nadal e plantarlle cara ao frío invernal (que parecía que estabamos na peli de Frozen) saímos dar unha voltiña pola Chaira. Ata atopamos uns anacos de xeo, e conseguimos entrar en calor.
E así rematamos o Nadal na Aula D´abaixo. Aínda que este ano foi algo diferente debido á Covid 19, intentamos que o pasasen xenial e se divertisen montes e moreas.
Desexamos que no 2021 só teñamos boas noticias, sorte, saúde e moita felicidade.
❤ ❤ ❤ ❤ ❤ ❤ ❤ ❤
No hay comentarios:
Publicar un comentario