viernes, 18 de diciembre de 2020

SEMANA 14 AL 18 DE DECEMBRO

 Ola raparigos e raparigas¡¡¡¡

Pouco queda para as vacacións de Nadal, pero nós non paramos e esta semana non vai ser menos, así que pasade a ver o que fixemos estes días.....


Os pequerrechiños disfrutaron xogando no "Circuito da Aula".






Os medianos da Aula estiveron afinando a súa puntería, xogando a encestar aros, eso sí, previa fabricación dos mesmos.








E non, non nos confundimos de época....xa sabemos que vai ser Nadal, pero apetecianos tanto disfrazarnos, que fixemos unhas caretas e quedaron ben chulas¡¡



Vedes como non nos confundimos 😝, aquí estamos facendo estreliñas de Nadal para as nosas casas.


Os/as nenos/as no salón de actos, non o pasaron nada mal eh¡¡ 

Tornaron o frío, bailando co Just Dance¡


 Exprimiron o cerebro, construíndo figuras e xogando ás adiviñas.




E os/as máis maiores, no pavillón.....

                                                        Xogaron cos Legos

Co Party and Go

Ao brilé


Á búsqueda do tesouro


E para levar o noso agasallo de Nadal, estivemos fabricando as nosas  "Caixas de Sorpresas". Quedaron ben bonitas¡¡¡¡ 






E rematamos a semana. 

Todos estamos impacientes porque chegue a que ven para disfrutar das vacacións.

Eso sí, este ano é especial, e aínda que teñamos moitas ganas de estar coas nosas familias e amigos/as, debemos respetar todas as medidas de seguridade: distancia interpersoal, lavado de mans, o uso da máscara e todas as medidas que nos indiquen as autoridades sanitarias (xa sabedes, eses homes e mulleres que saben tanto de virus e esas cousiñas). Queremos que o vindeiro Nadal, esteamos tod@s, así que disfrutemos pero con SENTIDIÑO máis que nunca¡¡¡


Unha aperta grande e un bico das monis da Aula D´Abaixo 👄 

No hay comentarios:

Publicar un comentario