Unhas peonzas super molonas que xiran e xiran sen parar.
Os/as maiores fixemos un colar con revistas. Pero antes de comezar, cotilleamos a vida dos famosos porque temos unha vea periodística.
A mover o esquelete, e para eso tivemos sesión de just dance e batalla de baile, no que nos retamos a ver cal é o/a mellor piratiña en bailar.
Os pequerrechiños/as lemos un conto chamado "O Traxe de luces" no que un toureiro desfaise do seu traxe e faise amigo dos animais, e nunca mais volve tourear... Despois pintamos un touro e adornámolo con colorines porque son moi bos e presumidos.
Para coñecernos xogamos ao ovillo de la, no que temos que facer unha telaraña, que difícil foi desfacela pero o ben que o pasamos. Despois sacamos a vea artística e fixemos caricaturas dos/as nosos/as compis.
Gústanos moito xogar coas cousas da Aula, e agora mais que temos xoguetes novos. Despois subimos ao areeiro e recollemos unhas flores super chulas.
Esta semana tivemos unha visita moi especial. Veu o noso amigo Lito e trouxo unha morea de xogos tradicionais moi divertidos e desafiantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario