viernes, 27 de julio de 2018

AVISO AULA CONCILIA CURSO 2018-2019


AULA CONCILIA

CURSO 2018/2019

Número de prazas ofertadas: 60 (quenda de mañá ) 25 (quenda de tarde).

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Os usuarios que desexen presentar a súa solicitude a través da sede electrónica poderán

facelo dende do 2 de agosto ata o 17 de agosto de 2018, en horario de 09:00 a 14:30 h.

Prazo de entrega das solicitudes: do 2 ao 17 de agosto (ambos incluídos).

Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: 30 de agosto, na páxina web do

concello (www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Prazo de subsanación de erros: do 31 de agosto ao 4 de setembro (ambos incluídos).

Publicación das listas definitivas: 7 de setembro na páxina web do concello

(www.concellopereiro.com) e no blog da aula (piratasdaauladabaixo.blogspot.com).

Requisitos:

- Estar empadroado/a no Concello do Pereiro de Aguiar (o/a neno/a e un proxenitor).

- Ser pai/nai traballador/a con incompatibilidade horaria para o coidado dos/as fillos/as.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

1. Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.( para descargala a inscrición prema aquí)

2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.

3. Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

4. Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

5. Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de
ambos proxenitores.

5.1. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade
Social na que figure como autónomo.

6. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

7. Fotografía de carné d@ menor que utilice por primeira vez o servizo.

Non será necesario presentar aqueles documentos que non teñan experimentado variación

respecto do ano anterior, e que xa estean en poder deste concello. Non obstante os

referidos aos puntos 1, 4 e 5 deberán xuntarse obrigatoriamente.

Tfnos. de información 988 25 93 85 / 633120494.



No Pereiro de Aguiar, 26 de xullo de 2018

O alcalde

Eliseo Fernández Gómez


No hay comentarios:

Publicar un comentario