jueves, 21 de junio de 2018

NORMAS AULA VERÁN 2018

DATOS DE CONTACTO

E-mail: aula_obradoiro@hotmail.com
Móbil:
677 838 878 (non se atenderán whatsapp nin mensaxes polo facebook)


NORMAS PARA A PISCINA

v Os días de piscina entrase as 8:00.
Ata as 8:30 estaremos na marquesina do autobús. A partires desa hora, esperaremos dentro do recinto de Monterrei, xunto ao parque infantil.

v Os días de piscina os nenos e nenas de infantil así como os/as de 1º e 2º de primaria (independentemente de que saiban nadar ou non) irán á piscina pequena  e os de 3º de primaria que NON saiban nadar acudirán tamén á piscina pequena.
v Os nenos e nenas que teñan mal comportamento dentro das piscinas, non poderán bañarse.
v As monitoras serán as que tomen as decisións que crean oportunas para un correcto desenvolvemento do día da piscina.

NORMAS AULA DE ABAIXO

·        A hora de entrada dos nenos e nenas será de 7:30 ata as 9:45 (non se abrirá máis tarde desa hora, a non ser que sexa un caso excepcional avisado con antelación) e a de saída a partir das 13:00.
·        Farase unha parada para a merenda entre as 11:00 e as 12:00 aproximadamente.
·        Se a algún neno/nena  o vai vir  recoller algunha persoa que non figura como autorizado na folla de inscrición, deberá traer por escrito unha autorización feita por un dos pais do neno/nena, e darllo as monitoras no momento de recollelo. E presentalo por rexistro no Concello.
·        Se algún neno/nena NON vai vir a Aula nalgunha das semanas que previamente solicitou na inscrición, DEBE AVISAR ÁS MONITORAS E PRESENTALO POR REXISTRO NO CONCELLO.
·        No caso de que o neno/a falte TRES DÍAS SEGUIDOS sen xustificar, darase de baixa no servizo, debido a lista de espera para a participación na aula.
·        É deber do neno/a respectar o material e facer bo uso das instalacións. En caso contrario, serán os pais/nais/titores do neno/a quen se faga cargo dos gastos de reparación e/ou reposición dos desperfectos.
·        Deberanse acatar as normas e manter un comportamento respetuoso cos compañeiros/as e os/as monitores/as , en caso contrario poderán tomarse medidas con respecto a participación no servizo.


LISTA DE COUSAS A TRAER POLOS NENOS

ü DIARIO
Unha mochila ou bolsa con:
o   Merenda
o   Botella de auga
o   Gorra
o   Calzado cómodo

ü PARA OS DÍAS DE SAÍDA:

*    PISCINA/ DÍAS DE XOGOS DE AUGA
Unha mochila ou bolsa con:
o   1 Euro
o   Merenda
o   Botella de auga
o   Gorra
o   Muda para cambiarse
o   Chanclas na mochila, NON POSTAS.
o   Toalla
o   Crema de protección solar xa posta ( as monitoras non se farán cargo de botárlles a crema)

*    EXCURSIÓNS
Unha mochila ou bolsa con:
o   Merenda
o   Botella de auga
o   Gorra
o   Calzado cómodo


NOTA:
Aconséllase que os nenos traian roupa e calzado cómodo, polo tipo de actividades  que se van a realizar.
Para evitar pérdidas e  confusións recoméndase que as prendas como chaquetas, cazadoras, sudadeiras, etc. vaian marcadas co nome e apelidos do neno.
Non se avisará de xeito personalizado en ningunha circunstancia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario