Bos días familias. A semana pasada fixemos unha morea de cousas. Tivemos tempo de xogar e aprender o monopoli, o twister, area cinética....
Resulta que existe un home moi feo chamado Pelostortos que ten unha figueira cargadiña de figos. Pero é tan malo, malo, malísimo que non lle quere dar ningún os cativos/as. Se vos queredes enterar como remata o conto pinchade no título: A figueira de Pelostortos.
Tamén xogamos ao Tabú, e entre mímica e mímica conseguimos chegar ao final do xogo. Somos uns expertos/as en contorsionismo.
Vimos un corto de Chip e Chop. Sabedes que eses esquíos son moi simpáticos. Algún/ha piratiña quere un de mascota: mamás e papás, non sei o que opinades.
E como a música é ledicia, fixemos o xogo dos xornais. Cando a música para, cada piratiña ten que subirse a un xornal, e o que quede sen el terá que sentarse nos sofás. Como lles gusta bailar. La, la, la, lará, la, lá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario