lunes, 8 de mayo de 2017

E polas tardes....


Din que as xoaniñas dan boa sorte, pois os piratiñas imos ter moita e moi boa, xa que esta semana apareceron na Aula unhas xoaniñas moi curiosas, grandes, bermellas, cuns corniños e patiñas de moitas cores.







E para que as xoaniñas, ou outros bichiños non se mollen cando chove, fixémoslles unha casiña, reciclando caixas. Para todos os que queirades facelo na casa, collede tesoiras, un pouco de cola, papeles de cores, os voso amigos e moita imaxinación, e nun periquete teredes un fermoso fogar para os vosos bichiños.





E de animais vai a cousa  porque quen nos ía dicir que unha xirafa e un crocodilo ían formar unha parella tan ben avenida!






 Xogo: A Arca de Noé, onde a cada neno e nena se lle asigna un animal e cos ollos pechados ten que facer o sonido de se animal e atopar a súa parella.







E como cada maio chegan as flores e o día da nai, como os piratiñas queren moito as súas mamás piratas decidiron facerlle unha postal ben fermosa! 










No hay comentarios:

Publicar un comentario