Cando se viu unha semana santa sen coellos?????. Fixemos unhas caixiñas en forma de coello para poder meter os ovos de pascua que nos den (claro que algún/ha vai necesitar varias con todo o chocolate que lle dan)
Como traballaron estes pequenos co Paracaidas, son uns expertos subindo e baixando, escondéndose.
Cunhas cantas pinzas de madeira e unha foto conseguimos facer un caballete que xa lle gustaría a Picasso poder ter un destes na súa época.
E os mais cativos convertéronse en coellos moi blandiños de algodón.
Só nos fai falla algo de música para que os nosos pes cobren vida e comecen a bailar.
Atención familias: temos uns megareposteiros super dicharacheiros. Fixemos galletas, piruletas de chocolate e bombóns. Que rico estaba todo!!!!!!
E para rematar tivemos a búsqueda do tesouro na que un coelliño moi travieso agochou unha morea de oviños de chocolate para que os nosos/as piratiñas os atopasen e fosen directos as súas barrigolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario