martes, 11 de abril de 2017

Aventuras e artistadas de marzo

Imosvos ensinar as cousiñas que fixemos polas tardes na Aula:
Como nos gusta o bo tempo na aula, podemos sair, escoitar os paxariños, tomar o sol para medrar moito.... e de paso recoller flores para un experimento: se colocamos flores brancas en auga con corante deberían cambiar de cor. Ademais démoslle de comer a un cabaliño moi simpático veciño do noso cole. Queremovos decir que o experimento fallounos, e as flores seguiron co seu branco nuclear. Ohhhhhhhhh!








O noso Concello fáisenos pequeno así que os nosos constructores colleron pico, pala, cemento e fixeron unha cidade. Pero como non temos esos materiais na Aula o final a nosa arma de construcción foi o xiz. Temos camping, helipuerto, hospital, columpios, e ata o Ben Cho Shey.







Lemos un conto moi simpatico dunha galiña que era moi traballadora e uns compis de granxa moi lacazáns. "A Galiña roxa". Como nos gustou. A cal se parecen eles?????? 

Un papá trouxonos disfraces para o entroido pero gústanlle tanto que todas as tardes temos que disfrazarnos de princesas, tortugas Ninja, ou Spiderman. Como lles gusta poder ser superheroes ou calzar zapatiños de tacón. 

Tamén lemos o conto "Narices", que nos ensinou que non se mete o dedo dentro do nariz. Que sabio é este conto pois algún/a as veces busca petróleo ahí adentro. 



 Tivemos un concurso na aula gracias a Hans Christian Andersen. Tivemos que ler o conto "A Princesa e o chicharo" e despois facer un debuxo para ver como sería ese conto na actualidade. Seica os mandaron a Madrid e o que gañe tocaralle un lote de libros. Crucemos os dedos para ver se cae algún premio entre os/as auleros/as.




Sabedes que hai moitas formas de contar  e escribir contos?  no noso laboratorio de ideas estivemos a preparar unha nova fórmula para contar  historias divertidas, unha delas e a través de debuxos. 
Os nosos piratiñas estiveron pintando contos inventados por eles.
Témosvos que dicir que hai futuras promesas das letras entre os/as  nosos/as nenos/as.














No hay comentarios:

Publicar un comentario