martes, 2 de abril de 2013

Semana Santa 2013

 Este ano na na Semana Santa fixemos un pouco de todo, xa que eramos moooitos!!

Tivemos tempo para facer un Don Miguel
e tamen conseguimos unha manchea de minutos para andar trasteando con xogos de mesa.

 Ademáis, tivemos a visita do coello de pascua, que foi pillado en fóra de xogo, e tivo que deixarnos un montón de chocolate en bombóns e moedas, porque non tiño suficientes ovos. Como dixen antes eramos mooooitos tripulantes este ano no barco d'Aula de Abaixo.
 Moito chocolaaaaaaate!!!




 E como do chocolate nunca nos fartamos, decidimos pór en práctica unha vella receta, que atopamos agochada nun vello cofre dun tesouro.
Brownies!!! a nosa maneira, ou sexa a maneira pirata.

  Botamos, ovos, chocolate, fariña, zucre, misturamos ben, ben, un pouco máis, outro pouco, un chisco, xa está!!!
E o ingrediente secreto: Lacasitos!!!
E claro, un postre tan bo, necesitaba ser levado para a casa con estilo.
E puxémonos a montar unha pequena bolsa para levalo con comodidade e eleghancia.
Coloreamos, recortamos e pegamos!!

E aquí está parte das bolsiñas, a que son piráticas, estrambóticas e domóticas??
 Aquí remantando a faena, decorando a comida pirata, con a bolsiña ben preto para levalo postre a casiña.
E sí, tamén fixemos algo de exercicio, por baixar un pouco tanto doce, e tamén entrenando para a próxima abordaxe, dun barco cociña, ;)

1 comentario:

  1. Ñam ñam, que ben vos coidades piratas, menuda pinta ten o brownie!!!

    ResponderEliminar