Mamás e papás temos unha gran noticia;
O día 17 de agosto faremos outra excursión cultural, pero desta vez un pouquiño máis lonxe, ao Aquis Querquenis (xacemento romano) no encoiro das Conchas no concello de Bande. Pasaremos a mañá coñecendo un pouco a forma de vida dos Romanos e as fermosas paisaxes que rodean o xacemento.
E xa a mediodía, iremos visitar os neno/as do Pereiro que se atopen no Campamento xuvenil no Albergue de Muiños, alí pasaremos á tarde facendo xogos e bañándonos.
Para apuntarse é necesario poñerse en contacto cos Monis da Aula Pirata. Para iso podedes vir a facernos unha visita a aula ou mandarnos un correo a: aula_obradoiro@hotmail.com tendes de plazo ata o día 12 de agosto. Veña, animádevos que vai ser divertido.
http://maps.google.es/maps?f=q&source=s_q&hl=gl&geocode=&q=MUI%C3%91OS&sll=42.222416,-7.940369&sspn=0.463742,1.341705&ie=UTF8&hq=&hnear=Mui%C3%B1os,+Ourense,+Galicia&ll=41.96115,-7.999763&spn=0.058207,0.167713&t=h&z=13
No hay comentarios:
Publicar un comentario