Odía 17 de agosto todos os nenos/as da aula pirata que quixeron vir e máis algún que outro moni como Lucia (que nos veo botar unha mán), fumos ao Aquis Querquenis a ver o Xacemento romano e a Muiños a darnos un baño (as fotos do baño viran máis adiante). No Aquis fumos primeiro ao Centro de interpretación, onde nos atendeu unha rapaza moi simpática que nos contou un pouco a historia do camapento romano e nos puxo unha peli, alí tamén puidemos ver a Cow Parade (unha exposición de vacas pintadas de todas as maneiras posibles. Despois fumos a ver o xacemento e descubrimos que o Feldespato é unha pedra con moitas propiedades. Ao mediodía e despois de pasar moita calor, o bus levounos a Muiños onde nos atopamos con todos os/as nenos/as do campamento do Pereiro e algún s de nós aproveitamos para bañarnos ou participar nunha xincanan de auga!!!
O dia estuvo estupendo, os nenos pasáronno genial, a verdade é que en todas actividades organizadas por todos estos monitores pásano genial,é unha maneira de estimular os nenos no verán. Moitas gracias a todos vos por a vosa labor e dedicacion que desde logo e extraordinaria.
ResponderEliminar