viernes, 31 de marzo de 2017

As mañás son asi!

Aiaiaiaiaiai mamis e papis!!!! Canto retraso levamos nas fotos das mañás.....E Sobre todo dos xoves, que traballamos arreo.

Empezamos amigas.....

A primavera chegou e os máis pequenos decidiron prantar flores coloridas na biblio.





Para as nosas manualidades adoraaaaaaaaaaaamos usar moitos materiales diferentes, neste caso, para o noso collage, tocou papael de seda....Fino e delicado (coma nos).




E do papel de seda pasamos ao papel de aluminio....Brillante (tamén coma nós)....





Pero coma non só de papel de prata vive o pirata, tamén investigamos novas técnicas pictóricas....Eiquí, estampación e máis abaixo.....







O uso da cinta de carroceiro nos cadros e na arte...

 





E entre manualidades, papeis varios e cores billantes....Tamén temos tempo para contos contiños, neste caso o do galiño pelado







E tamén o conto de Gigantosauro




E o conto do traxe novo do rei (moito nos rimos co cuíño do rei)




Fixemos ademais un superxogo ao que chamamos: O Preguntoiro




Despois de tanta manualidade e tanto xogo chegou a hora de descansar... como non podemos ir a un Spa Pirata fixemos un pouquiño de relaxación...









viernes, 24 de marzo de 2017

Os artistas das mañás



Os peques da aula fixeron uns pulpos monstruosos que dan arrepíos só de velos... 






Despois de pintar estaban tan cansos que as monitoras contáronlles un conto titulado "As princesas tamén se tiran peidos" 




 Aquí estan os artistas cos seus pulpiños... buuuu!!!



Os/as maiores coñeceron as obras de  Andy Warhol, e fixeron estas maravillas coa súa cara...
quedaron para expor no MOMA de Nova York...






Veña familias propoñérmosvos un xogo, haber se atopades ao voso fillo/a...






jueves, 23 de marzo de 2017

Semana Santa 2017

ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA CONCILIA,
SEMANA SANTA  2017”
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: do 24 de marzo ao 5 de abril.
Publicación das listas de admitidos: 6 de abril no blog da aula e no blog do concello.
Os usuari@s que xa utilizaron o servizo durante este curso escolar, só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:
   1.   Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.  
   2.   Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
   3.   Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
  4.   Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.
   5.   Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
5.2.    No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
   6.   Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.
   7.   Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 23 de marzo de 2017

O alcalde


Eliseo Fernández Gómez

lunes, 20 de marzo de 2017

manualidades polas mañás

Como cada xoves fixemos unhas divertidas manualidades! os nosos piratiñas sacan toda a súa creatividade para facer unhas auténticas obras de arte.

Os máis cativos fixeron estampados con esponxas e crearon unhas orixinais pinturas cheas de soles, lúas, nubes e estrelas.



E os maiores fixeron uns cadros preciosos que podedes colgar nas vosas casas! son uns verdadeiros artistas








Un aplauso para os nosos artistas!!