viernes, 29 de noviembre de 2013

O Apalpador


 E isto é o que andivemos facendo polas mañás.


 http://www.albergueoapalpador.com/Imagenes/Datos/135/03_06_2010-9_23_35-apalpador.jpgO conto do Apalpador (Tamén coñecido por O Apalpalador)



.Para quen no coñeza ben ao Apalpador eiquí e eiquí tamén deixamos unhas reseñas dalguns libros que falan do noso amiguiño.

E tamén deixamos a lenda resumida por un bo amigo da aula.


Contan os vellos que lonxe, na montaña,
vive un xigante, de grande barba e oficio carboeiro,
cun corazón tan grande, que non lle cabe no peito.
Chámanlle a este xigante, Apalpador no Courel
e noutros lares, Pandigueiro.
A véspera de Nadal, baixa da montaña co seu saco,
cheo de presentes, castañas e caramelos.
Visita o xigante as casas, de todos aqueles cativos,
que nel acreditan. Cando están ben durmidiños,
fálalles ao ouvido e deséxalles un ano bó,
cheo de amor, ledicia e por suposto,
moito tempo para xogar!
Finalmente, para se despedir, apálpalles a
barriguiña, para ter certeza de que estea ben chea.
Despois, marcha tan silenciosamente como entrou,
pensando brincallón, na cara de nenas e nenos,
cando á mañá seguinte vexan
todos os presentiños que lles levou.

jueves, 28 de noviembre de 2013

Lapiseiro con pinzas

No afán pola reciclaxe decidimos darlle un novo uso as pinzas vellas de madeira transformándoas nuns orixinais lapiseiros.




miércoles, 20 de noviembre de 2013

Imos para a India e "Que quero ser de maior"

Ola ola a tod@s!

Temos moitas novidades, a primeira de todas é que onte, @s piratas máis nov@s, colleron o barco e partiron a terras Indias, foi marabillos, viron paisaxes descoñecidas, coñeceron costumes diferentes e sobre todo, quedaron pampos cuns elefantes de cores. Pero, AIIIIII!!!! Estes piratas despistad@s esqueceran a cámara de fotos e para poder explicarnos como eran eses elefantes tiveron que recrealos.


A segunda historia divertida foi que hoxe, mentres @s máis maiores do cole marcharán á Tecnópole a ver como se traballa nesas fábricas, @s piratas máis pequech@s quedaron gardando o barco, e nesas estaban cando un deles atopou un curioso libro que falaba dos oficios ( "- e que é iso dos oficios, preguntaron @s demáis piratiñas.").
 Asi que lendo e investigando, descubriron moitos oficios e, deixando voar as súas poderosas imaxinacións trataron de pensar o que sería non ser pirata e, a cambio ser:

Policía
 Barbie
 Cociñeiro
 Camioneiro
 Veterinaria
 Ou, médico.
 Esperemos que de tanto pensar estes piratiñas nós non decidan abandonar o barco e adicarse a outra cousa!