Temos moitas novidades, a primeira de todas é que onte, @s piratas máis nov@s, colleron o barco e partiron a terras Indias, foi marabillos, viron paisaxes descoñecidas, coñeceron costumes diferentes e sobre todo, quedaron pampos cuns elefantes de cores. Pero, AIIIIII!!!! Estes piratas despistad@s esqueceran a cámara de fotos e para poder explicarnos como eran eses elefantes tiveron que recrealos.
A segunda historia divertida foi que hoxe, mentres @s máis maiores do cole marcharán á Tecnópole a ver como se traballa nesas fábricas, @s piratas máis pequech@s quedaron gardando o barco, e nesas estaban cando un deles atopou un curioso libro que falaba dos oficios ( "- e que é iso dos oficios, preguntaron @s demáis piratiñas.").
Asi que lendo e investigando, descubriron moitos oficios e, deixando voar as súas poderosas imaxinacións trataron de pensar o que sería non ser pirata e, a cambio ser:
Policía
Barbie
Cociñeiro
Camioneiro
Veterinaria
Ou, médico.
Esperemos que de tanto pensar estes piratiñas nós non decidan abandonar o barco e adicarse a outra cousa!
A India??? cando fagades esas viaxes avisade piratas que nos tamén queremos!!!
ResponderEliminar