Benvidos unha semana máis ao blog da Aula¡¡¡¡
Comezamos un mes novo e queda moi pouquiño para rematar o cole, pero mentres non poñemos o bañador e as chanclas, seguimos facendo moitas cousas divertidas.
@s máis peques estiveron adestrando cas PELOTIÑAS DE CORES: tiros libres, transportándoas sen mans, só con unha e a axuda dun compi e remataron cunha "batalla", pero a munición non mancaba nada e só provocaba risas e ledicia.
E despois de tanto adestar, hai que mover algo máis o corpiño e botar unha supercarreira, mirade:Outra das superactividades nas que andamos a tope, é no obradoiro de xoierías.....Máis concretamente facendo colares marabillosos con estreliñas de pasta, ides alucinar co resultado.
Tamén fixemos uns floreros preciosos reutilizando uns tarriños de vidro, a primavera trompeteira chama á porta con forza e con moitas flores e nós, o que queremos, é encher a casa e a aula, de flores e cor.
Outra cousiña que fixeron estes piratiñas foi experimentar con vermiños de mentiriña.
As veces, estes piratas veñen tan emocionados da escola de piratas que nos ensinan o que fixeron, van pa' enxeñeiro.....
Polas mañás, entre desperezarnos e que estivemos máis ben tranquiliños fixemos actividades máis relaxadas pero moi chulas tamén...
💗Pintamos e coloreamos os escudos dos noso equipos favoritos:
💗Xogamos:💗Facemos campos de futbolín-canicas: 💗Experimentamos:
💗Papaventos no aire:
E para rematar a semana, fumos de ruta a ver si atopabamos a guarida do dragón. Sí, sí, limos o CONTO DO DRAGÓN ZOG.Bueno, amiguiñ@s, pois ata aquí o blog desta semana.
Unha aperta moi grande e pasade unha estupenda fin de semana¡¡¡¡
Bicooooooosssssssssssss