lunes, 1 de febrero de 2021

SEMANA DO 25 Ó 29 DE XANEIRO




 Boas, familias!

Imos rematando o primeiro mes do ano e unha semana máis os nenos e nenas da Aula D`abaixo tiveron unha semana chea de acción.

Comezamos a semana meténdonos de cheo no mundo do ladrillo. Traballamos abondo elaborando unha morea de ladrillos para poder construir unha parede chea de mensaxes encamiñados a facer unha sociedade máis pacífica, pois tíñamos á volta da esquina a celebración do Día da Paz e a Non Violencia.

Os nosos meniñ@s quixeron transmitirnos unha chea de mensaxes positivos e pacíficos nestes tempos tan complicados que estamos a vivir. A verdade é que foi moi grato para nós ver como se esforzaron por crear unha parede chea de colorido e bos desexos. GRACIAS RAPACES E RAPAZAS❤





E como xa estabamos inmersos na cultura de paz, déusenos por crear un elemento decorativo cun dos símbolos máis representativos do movemento pacifista.  





 

E como non podía ser de outra forma, non nos olvidamos da Pomba da paz, outro dos símbolos máis representativos desta celebración.

 



Non todo se centrou no día da PAZ, tamén o pasaron fenomenal pintando, xogando coa plasti, a construír, xogos de mesa, etc.




 


    O xoves pola mañá tivo lugar a inauguración da nosa parede de ladrillos con todas as mensaxes de paz que os peques crearon con tanto esmero. E para dita conmemoración contamos coa presenza do alcalde do noso concello, Luis Menor e a Técnica de Educación, Ana,  para completar o muro co último ladrillo. A verdade é que foi un acto moi emotivo, pois os nenos e nenas da Aula fixeron unha posta en escea fermosísima e deleitáronnos con unha mensaxe moi sentida. Ás monitoras só nos  queda  agradecer a presenza de todos e todas  os/as que formaron parte desta homenaxe reivindicativa dos valores de paz e non violencia deste 2021. MOITÍSIMAS GRACIAS!!!! 







 

                         




lunes, 25 de enero de 2021

semana do 18 ao 22 de xaneiro

Bos díaaaaaasssss

Que tal estades familias?? Pois nós moi ben a verdade, non nos da tempo de aburrirnos!!! xa veredes máis abaixo todo o que fixemos!!!!!

Para comezar, querémosvos dar as grazas pola vosa axuda cos cartóns de leite, pero temos unha mala noticia....ata a semana que vén non veredes o resultado, aínda que seguro que máis de un/unha grumete xa vos contou algo jaja pero buenooooooooo vamos a ser boas e colgarvos algunha fotiño do primeiro paso antes de usar os cartóns!!!














Tamén, xogamos ó brilé, o escondite (que raro verdade...😉😉) e o asasinoooooo pero tranquilos que estamos tod@s sans e salvos!!! jajajaja





Os pequenos tamén xogaron un montón, aquí tendes unha partidaza ó bingo dos bonecos!!!



Eso sí os legos e as construccións que non falten!!!


Pola tarde, os nosos piratiñas tiveron que resolver o misterio do cofre escondido e para eso correron, riron, descifraron enigmas e ata cantaron!!! pero mereceu a pena porque encontraron un tesouro do máis apetitoso!! seguro que a máis de un tamén vos ía gustar!!









E como o tempo non acompaña moito... que pode haber mellor que unha peli con palomitas?????
Pois o venres tocou...
ZIPI Y ZAPE Y EL CLUB DE LA CANICA
Pero non sabemos moi ben si o que máis lles gustou foi a peli ou as palomitas jajajaja







Pois ata aquí a nosa semana pasada...hoxe comezamos unha nova coas mesmas ganas!!!
Esta semana imos ter unha visita...de quén se tratará??
Un abrazo familias!!!