lunes, 18 de enero de 2021

XANEIRO NA AULA

 Regresamos á aula tras as vacacións de Nadal, aínda que, como poderedes comprobar, rutina, rutina, , na aula moi pouca!!

Nas mañás houbo tempo para todo:

Manipular area cinética,


E montar ata un zoo!



Descubrimos unha serie dos anos 80...



E pasamos uns bo ratos xogando a xogos de mesa.




No salón de actos fixemos unha estrela,



No pavillón xogamos coas palabras...

E para combatir o frío nada mellor que unha pachanga!


Na tarde, e tras meses de obras... estreamos un novo paseo!:



Coñecimos un novo amigo...


Que veu con nós ata a aula!😁


Tamén montamos unha paisaxe de inverno... con neve e todo 😉

E que o Filomena causou estragos entre os aulers! 😅

E como o tempo melloraba e tiñamos ganas de xogar fora, decidimos elaborar uns frisbees para organizar un campionato:



Xa notamos como empezan a crecer as tardes, e aínda que vai frío, se o sol ven xogar con nós... aproveitamos ata o último raio! ☼  





Ata a semana que vén!!😄


viernes, 15 de enero de 2021

INSCRICIÓNS PARA CONCILIA ENTROIDO 2021

 

AVISO ENTROIDO 2021

 

 

AVISO

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á

“AULA CONCILIA”

 ENTROIDO  2021

Datas: 15 e 17 DE FEBREIRO

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro das Oficinas Municipais.

Prazo de entrega: do 18 de xaneiro ao 5 de febreiro

Publicación das listas de admitidos: 8 de febreiro, no blog da aula.

Os usuari@s que xa utilizan o servizo só deberán inscribirse na aula, os novos deberán presentar a seguinte documentación:

1.            Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.

2.            Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.

3.            Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.

4.            Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores.

5.            Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

5.1.        Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cuota da       Seguridade Social na que figure como autónomo.

 

6.             No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

7.            Certificado de empadroamento no  concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@.

8.            Fotografía de carné d@ menor  (nen@s de 4º de infantil).

 

Tfno. de información 988 25 93 85

 

No Pereiro de Aguiar, 15 de xaneiro de 2021

O alcalde

Luis Menor Pérez

 

viernes, 8 de enero de 2021

Nadal 20-21

 Boa tarde familias, xa rematamos o Nadal e queremos amosarvos todo o que fixemos estas semaniñas de vacacións. 

Comezamos o nadal coa Lotería da Aula Concilia, e os nosos piratiñas  non teñen nada que envidiar ós de San Ildefonso, que ben cantaron os números e os premios.

Organizamos os sobres de premios, fixemos os números da lotería para introducir no bombo e conseguimos mercar os boletos de lotería grazas ao diñeiro que conseguimos superando unhas probas: recoñecer panxoliñas, encestar agasallos no nosa cheminea, adiviñar obxetos "Apalpando" e probando puntería.







.


O marabilloso desta lotería é que ninguén sae perdendo, pois hai premios para todos e todas.

Os nosos piratas maiores contáronlle un conto aos peques: "El pequeño arbol de navidad", Que BEN O FIXERON. E como lles gustou tanto saber das árbores, fixeron unha con paus de madeira, para adornar as nosas casas.



Fixemos un Agamógrafo....eh????? Pero que é eso????? pois xa volo explicamos agora mesmo: son dous debuxos nun, que se poden descifrar segundo mires dun lado do folio ou do outro. E que conste que non é maxia, jejejeje


Pero non todo foi traballar, así que tivemos tempo de xogar a todo o que nos gusta: bolos, á corda, ós legos..... cantas cousas hai para pasalo ben.
 








Xa é tradicional que o día 30 de decembro celebremos as badaladas e o aninovo. Así que para estar máis elegantes fixemos uns adornos e retratámonos con eles.






Que guapos e guapas saimos todos, xa lles gustaría ás revistas máis prestixiosas ternos nas súas portadas.







Son moi típicas de nadal as bolas de neve con auga e purpurina. Así que nos puxemos mans á obra e pintamos  unha foto nosa para ser os protas da nosa bola. E cada vez que axitabamos a auga, a nosa cabeza enchíase de brillo (que divertido). 















Resulta que nos roubaron uns adornos da árbore de nadal, así que os nosos intrepidos detectives tiveron que buscalos por toda a aula e o pavillón... menos mal que son todos moi bos e conseguimos recuperalos e colocalos de novo no seu sitio.













Xogamos unha partidiña ó bingo, e así os mais pequerrechos practicaron os números.


E para rematar o Nadal e plantarlle cara ao frío invernal (que parecía que estabamos na peli de Frozen) saímos dar unha voltiña pola Chaira. Ata atopamos uns anacos de xeo, e conseguimos entrar en calor.












E así rematamos o Nadal na Aula D´abaixo. Aínda que este ano foi algo diferente debido á Covid 19, intentamos que o pasasen xenial  e se divertisen montes e moreas.

Desexamos que no 2021 só teñamos boas noticias, sorte, saúde e moita felicidade.
 
❤ ❤ ❤ ❤ ❤ ❤ ❤