martes, 6 de noviembre de 2018

Axuda para a compra de libros de texto



Boa tarde,
dende o Concello do Pereiro de Aguiar, informase de que existe unha axuda para a compra de libros de texto.
Seguidamente deixámosvos o enlace da solicitude.
Boa tarde☺





http://www.concellopereiro.com/wp-content/uploads/2018/11/solicitude-libros-de-texto-01.pdf











lunes, 5 de noviembre de 2018

Samaín na aula

Polas mañás os/as nosos/as piratiñas estaban irrecoñecibles, a algún/ha tivemos que preguntarlle quén era, se non non o/a coñecíamos. 








Tivemos katrinas, bruxas, vampiros e vampiresas, algunha pantasma, esqueletes leóns, e algún mais que daba un pouquichiño de medo.



Estivemos vendo uns cortos de medo. Non sei se pasamos mais medo vendo a pantalla ou a estes nenos/as, fixádevos nos seus ollos, parece que temos uns zombies na aula. Uhhhhhhhhhh. 


E polas tardes fixemos unha comilonciña, que non deixaron nin as migas e despois sesión de maquillaxe.














miércoles, 24 de octubre de 2018

Xa se achega Samaín

Como estamos familias? Os/as nosos/as piratiñas están moi inquedos porque se achega a data na que podemos ter medo e o mesmo tempo divertirnos. Xa sabedes de que se trata???????? Pois si, Samaín. Esa época en que nos disfrazamos de cousas terroríficas, e comemos moitas chuches.
Na Aula Pirata, para ir arrancando motores fixemos unhas máscaras moi chulas cos pequerrechiños/as






Tamén fixemos unhas pantasmas reciclando material, que con calquera cousa que teñamos por casa podemos facer cousas medoñas.





Como nos gustan as pantasmas, colgamos algunhas do teito a ver se cando entren as mamás e os papás se levan un susto.





Fixemos unha árbore e unha lua e colgamos delas  morcegos, cabaciñas,momias e moitas cousas mais. Nos intentamos que desen moito medo, pero teñen todos unha cara de simpáticos que creemos que non o conseguimos. Vos qué opinades?












O esquelete e a Aula Pirata din: Ata a próxima amigas e amigos!!!!!!!!